Correo electrónico

boiroteca@gmail.com

miércoles, 17 de junio de 2026

Apadriñamento lector co CEIP Praia Xardín


Neste curso decidimos facer dúas visitas ao alumnado de Praia Xardín, e nesta ocasión tocoulle ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria. O noso alumnado dos clubes de lectura e voluntarias da biblioteca compartiron un ratiño de lectura cos máis pequenos, que escoitaron moi atentos as historias que lles leron. Agardamos que para eles fose unha actividade tan estupenda como para nós.



sábado, 13 de junio de 2026

Entre libros e letras. Escribamos no ceo: obradoiro de mitos e astronomía na literatura á luz de Begoña Caamaño, con Estíbaliz Espinosa

 



Esta semana visitou a Boiroteca Estíbaliz Espinosa para traballar co alumnado de 4º de ESO nun obradoiro arredor da escrita, a mitoloxía e a figura de Begoña Caamaño, autora homenaxeada neste ano 2026 no Día das Letras Galegas.  Neste obradoiro, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Lingua Galega, coa colaboración da biblioteca, a autora falou de figuras coma Circe ou Morgana e de mulleres no mundo da ciencia e da literatura. Unha actividade moi creativa e inspiradora. 

viernes, 29 de mayo de 2026

Entre libros e letras: charla co autor Nando López

 


Hoxe visitounos o autor Nando López para conversar co alumnado de 4º de ESO sobre a súa novela En las redes del miedo. Foi unha charla distendida durante a que o autor falou da obra, do súa vocación de escritor e da súa experiencia vital. Atendeu todas as cuestións que o alumnado lle plantexou e todos e todas saíron da Boiroteca encantados. Agardamos recibilo de novo o próximo curso. Grazas ao Departamento de Lingua Castelá por xestionar con nós esta actividade. 

jueves, 16 de abril de 2026

Entre libros e letras: visita de Fernando Lalana

 


Hoxe recibimos a visita de Fernando Lalana, autor de, entre outros, Cómo robé la manzana más grande del mundo e El último muerto, lecturas do alumnado de 1º e 3º ESO respectivamente. Fernando conversou co alumnado sobre as súas obras, despois de ser presentado por algúns deles dun xeito moi especial. Foi un pracer inaugurar a nosa serie de actividades de "Entre libros e letras" deste curso con el, todos e todas rematamos encantados!

viernes, 27 de febrero de 2026

Día da muller e da nena na ciencia

 


Como vén sendo xa tradición, polo Día da muller e da nena na ciencia compartimos conmemoración con un dos nosos centros de primaria próximos. Nesta ocasión o alumnado de 1º Bacharelato de Física e Química e o grupo de teatro desprazáronse ao CEIP Santa María do Castro para achegarlles unha dramatización sobre a vida de varias mulleres salientables na historia da ciencia e para facer con eles o obradoiro de xardíns eternos, que encantou aos máis pequenos. Unha mañá de experiencias compartidas e de aprender máis sobre mulleres tantas veces esquecidas que todos deberíamos coñecer. 

lunes, 22 de diciembre de 2025

Apadriñamento lector co CEIP Praia Xardín



A petición do noso alumnado, este ano duplicamos o apadriñamento lector co alumnado do CEIP Praia Xardín. Como unha soa visita ao ano nos sabe a pouco, decidimos compartir un tempiño con eles agora que se achega o Nadal, así que o noso alumnado dos clubs de lectura e axudantes de biblioteca desplazáronse ata o colexio para visitar aos nenos e nenas de Educación Infantil. Unha hora de contos e risos, de tempo compartido e agarimo entre pequenos e grandes.

Moitas grazas, rapaces, por compartir o voso tempo de lectura con estes futuros lectores e lectoras!